CRTVG

Buscar

Iglesias di que "nos próximos días" se aprobará o ingreso mínimo vital

Publicado o 14/05/2020 12:38

O vicepresidente segundo e Ministro Dereitos Sociais e Axenda 2030, Pablo Iglesias anunciou hoxe no Senado que nos próximos consellos de Ministros se vai aprobar o 'Ingreso Mínimo Vítal'; unha nova prestación non contributiva da Seguridade Social. Unha medida, dixo Iglesias, "de gran consenso que vai levar algo máis de dignidade a centos de miles de fogares de todo o país".

Pablo iglesias engadiu que o Ingreso Mínimo Vital non é só "unha medida de xustiza social senón tamén unha medida de eficiacia que favorece o consumo".

Pablo Iglesiass comparecía esta maña ante a Comisión de Dereitos Sociais do Senado, para dar conta do seu labor de coordinación das políticas de asuntos sociais do Executivo durante a crise do coronavirus.

Antes de iniciarse a comparecencia gardouse un minuto de silencio polas vítimas de COVID-19.

Noticias web

14/05/2020