CRTVG

Buscar

Identificadas as dúas persoas que voaron drons sobre Baraxas

Publicado o 03/02/2020 20:21
Identificadas as dúas persoas que voaron drons sobre Baraxas

A policía conseguiu identificar as dúas persoas que voaron drons sobre Baraxas e provocaron o peche do espazo aéreo durante unha hora. Unha xa foi detida en Parecuellos del Jarama. A segunda conseguiu fuxir nada máis ser identificada.

O detido está acusado de resistencia e desobediencia á autoridade, xa que se negou a facilitar a súa identidade e a do aparello.

As sancións polo uso de drons nas proximidades dun aeroporto achéganse aos 90.000 euros. O peche do espazo aéreo provocou o desvio de 26 voos a outros aeroportos.

Noticias web

03/02/2020