CRTVG

Buscar

Iago, Carlota e Yisela son os nomes dos tres primeiros galegos nados no 2020

Publicado o 01/01/2020 14:34

Aínda lle custa abrir os ollos ao primeiro galego do 2020, Iago. Viu a luz no hospital de Valdeorras só un cuarto de hora despois das uvas. O seu pai, primeirizo, asegura que non hai mellor maneira de comezar o ano.

Comparten esa emoción os pais de Carlota, que veu a mundo en Lugo, só nove minutos despois de Iago. Miguel e Paula escolleron o seu nome en honra ao avó materno da cativa, Carlos. E xa lles tardaba que nacera.

Yisela, coma Carlota, vai ser das maiores da escola. Esta cativa naceu no Álvaro Cunqueiro, en Vigo, pasada a unha da madrugada. Pesou máis de tres quilos e medio e é a terceira galega do ano. Un orgullo para seus pais, que son de Tui, e o mellor regalo que lles podía traer a toda a familia este 2020 que acaba de comezar.


 

Noticias web

01/01/2020