CRTVG

Buscar

Hugo Rama amplía contrato ata o 2022

Publicado o 24/07/2019 16:47

O Lugo tamén aposta forte por este home, Hugo Rama. O santiagués amplía o seu contrato ata o 2022. O centrocampista chegou o ano pasado procedente do Cerceda, e foi clave no ascenso do Mirandés, onde xogou cedido a temporada pasada. Sufriu unha desafortunada lesión de xeonllo pero está traballando duro para comezar con forma a nova temporada.

"É un regalo que o club confíe en mín, que vexa que teño futuro e que podo facer unha carreira aquí, e dar as gracias porque, sendo galego, é unha aposta moi importante para mín", di Hugo Rama.

"Esperemos que coa súa calidade e a súa idade sexa quen de marcar unha época aquí, iso agardamos, porque ademais é un xogador da casa e da terra", explica Manolo Mandiá.

Noticias web

24/07/2019