CRTVG

Buscar

Hoxe realízase un simulacro de lanzamento da misión Marte 2020

Publicado o 19/06/2020 10:48

Os Estados Unidos ofrece uns datos da evolución da pandemia que elevan os contaxios a máis de dous millóns cen mil contaxiados. O país pasou e pasa por fases de confinamento que afectan a todos, incluso a un servizo esencial como é a NASA, que non cesou a súa actividade pero que tivo tamén que adaptarse ao teletraballo e, á vez, colaborar coa súa enxeñería na loita contra a Covid-19. Falamos con Fernando Abilleira, enxeñeiro na misión Marte 2020.

Como recoñecemento ao labor da comunidade médica de todo o mundo na loita contra a covid-19, colocouse unha placa no  rover  Perseverance que a NASA lanzará a Marte o 20 de xullo. O gráfico na placa de aluminio de 8 por 13 centímetros representa a Terra, apoiada pola comunidade médica, representada polo antigo símbolo da balea entrelazada de serpe. 

Todos os compoñentes principais da misión espacial agora están na configuración na plataforma de lanzamento no Centro Espacial Kennedy en Florida. En breve, estarán pechados no carenado de carga útil que os protexerá durante o lanzamento. 

 

 

Noticias web

19/06/2020