CRTVG

Buscar

Sen contaxios este domingo entre os usuarios das residencias galegas

Publicado o 28/02/2021 20:16

Hai un mes, o 28 de xaneiro, no cimo da terceira vaga, entre usuarios e traballadores había 836 infectados nas residencias de maiores e nas de discapacitados. Hoxe, entre usuarios e traballadores hai 62 positivos, 774 menos que hai un mes, cando a terceira vaga da pandemia asolaba de novo as residencias.

Dende o domingo pasado notificáronse cinco novos positivos nas residencias, e hoxe, por vez primeira, non hai ningún novo infectado nestes centros, nin entre os profesionais nin entre os usuarios. É un aire de esperanza que percorre os corredores, onde os residentes, paseniñamente, comezan a recuperar saídas e visitas.

Xa vacinados, os usuarios devecían por esta pequena liberdade que acaban de estrear.

A vacina devolveulles algo do que lles roubou esta pandemia.

Noticias web

28/02/2021