CRTVG

Buscar

Os hoteis de Vigo están ao 60 por cento de capacidade, só catro días despois de abrir

Publicado o 05/07/2020 14:37

Os hoteis máis representativos das Rías Baixas abriron o un de xullo e algúns xa están ao 60% grazas a esta fin de semana solleira. Malia a incerteza deste ano Galicia estase a posicionar como un destino seguro e non masificado. Un gran valor para evitar a pandemia.

No litoral de Vigo xa semella que estamos nun verán dos de antes. Autocares e barcos achegarán a todos os que hoxe se animaron a ir ás Cíes.

Tamén hai balbordo xa neste hotel Bahía, que aínda abría as súas portas o mércores e xa está ao 60%. Os almorzos xa se axeitan ás novas normas de seguridade.

Nestoutro hotel de Vigo, un cinco estrelas pegado á praia, tamén están ao 60% aínda que nestas datas adoitaban estar ao 90%.

As ostreiras e A Pedra, reclamos vigueses desde hai medio século, agardan xa polos turistas, que destas horas están nas praias coma esta de Samil, a favorita do sur de Galicia, sobre todo para os veciños portugueses que celebraban así a apertura de fronteiras e dos conveciños ourensáns, un público moi fiel a este areal.




 

Noticias web

05/07/2020