CRTVG

Buscar

Hostaleiros de Redondela critican a competencia deseal dos furanchos

Publicado o 05/06/2020 16:01

Cando empeza a temporada de furanchos en Redondela, moitos establecementos de Redondela quedan así baleiros. Este ano o problema é maior polas distancias mínimas esixidas, polos ERTE e pola crise económica. Por iso moitos hostaleiros consideran que os requisitos económicos e sanitarios dos furanchos se debían equiparar aos dos negocios convencionais, porque se enfrontan cada ano ao que consideran unha competencia desleal que lles fai moito dano.

Ao tratarse de negocios familiares, os furanchos tampouco asumen nóminas, e no caso de ter axuda de fóra da familia, adoitan pagar en metálico, segundo din os hostaleiros, prexudicando mesmo a contratación de cociñeiros no contorno de Redondela.

En xeral non están en contra dos furanchos, pero consideran que non están competindo en igualdade.


 

Noticias web

05/06/2020