CRTVG

Buscar

Hostaleiros de Lugo levarán a Madrid a súa demana de "medidas compensatorias" ante as restricións

Publicado o 07/09/2020 16:47

Os hostaleiros de Lugo acudirán o vindeiro mércores a Madrid na concentración en contra das restricións que sofre o sector, especialmente o ocio nocturno. Reclaman medidas para paliar o impacto económico. Din que hai que multar e clausurar os negocios que non cumpren as medidas, pero defenden que hai que respectar e deixar traballar os que si o fan.

Cheché Real, presidente da Asoc. Provincial de Hostalería de Lugo "Cumprindo e facendo cumprir todas as medidas hixiénicas sanitarias non hai por que tomar medidas deste calibre, onde moita xente está pasando situacións complicadas na parte económica e obviamente sanitarias no relativo á transmisión da Covid-19".

Noticias web

07/09/2020