CRTVG

Buscar

O opositor ruso Navalny, en Berlín para ser tratado por un suposto envelenamento

Publicado o 22/08/2020 10:04

O líder opositor ruso Alexei Navalny chegou a primeiras horas do sábado ao aeroporto de Tegel en Berlín procedente de Siberia a bordo dun avión medicalizado. O seu estado é estable.

Navalny permanece en coma debido posiblemente a unha intoxicación, malia que os médicvos rusos que o trataron nun primeiro momento falaban de problemas de metabolismo. O seu equipo e a familia denuncian que alguén lle puxo unha substancia tóxica nun té que tomou no aeroporto antes de embarcar para Moscova.

Na súa contorna sospéitase da implicación do Goberno de Putin no envelenamento de Navalny, coñecido polas súas denuncias sobre corrupción e polas críticas ao presidente ruso. Reclamaban, como se autorizou despois de longas negociacións, o seu traslado a Alemaña para recibir tratamento.

 

 

Noticias web

22/08/2020