CRTVG

Buscar

Homenaxe de Madrid ás vítimas da covid-19, sobre todo ás que morreron soas

Publicado o 18/10/2020 14:26

Homenaxe da Comunidade de Madrid ás vítimas da covid-19, sobre todo a aquelas que morreron soas e ninguén reclamou os seus cadáveres. O pasado mes de xullo o Goberno rexional enterrou 57 corpos que permanecían nun dos depósitos habilitados durante a primeira vaga da pandemia.

A presidenta Díaz Ayuso reclamou unidade para loitar contra o virus sen desactivar a economía. Unha ofrenda floral e musica de Haendel para homenaxear os falecidos pola pandemia. A presidenta da Comunidade de Madrid Isabel Díaz Ayuso, acompañada polo alcalde, José Luis Martínez Almeida, presidiu o acto.

Unha placa na sede do Goberno lembra a todas as vítimas da covid-19, con mención especial para o medio cento de madrileños que, tras morrer sós, ninguén reclamou os seus corpos para enterralos. Os cadáveres permenceron estes meses nun depósito provisional do Instituto de Medicina Legal á espera de recibir noticias dalgún familiar.

Finalmente, o pasado mes de xullo, a consellería de xustiza, interior e vitimas da comunidade decidiu enterralos. Tralo acto, a presidenta Díaz Ayuso reclama consenso para loitar contra o virus sen desactivar a economia.

Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade de Madrid: "Eu sigo avogando polas políticas que defende a conselleria de sanidade de Madrid dialogadas co Goberno e co resto dos concellos, aos que lle mando o meu cariño e xuntos buscar solucións sensatas nas que mentres convivimos co virus, que vai quedar tempo, non rematemos coa economía, porque nos estamos afunindo e imos ir a unha creba inasumible se seguimnos pechando". "Eu creo que o termo medio é a solución, insisto non creo que se deba confrontar a e economía coa sáude".

Noticias web

18/10/2020