Homenaxe a unha "Rosalía que nos aprendeu a ollar, a saber, a ser"
Publicado o 23/02/2020 15:26
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebrou esta mañá o acto central de homenaxe a Rosalía de Castro no 183 aniversario do seu nacemento.
Unha lectura pública da súa obra no Panteón de Galegos Ilustres anticipou a homenaxe do aniversario que será mañá, 24 de febreiro. Os seus versos soaron tamén nas voces da Coral Solfa nun acto que rematou cunha ofrenda floral na súa tumba.
O manifesto da Asociación, que se lerá nos diferentes actos promovidos polo colectivo correu a cargo do escritor Daniel Asorey.
Máis sobre actualidade
19/01/2021 22:01
19/01/2021 21:48