CRTVG

Buscar

Homenaxe a científicos e á táboa periódica co nome das vacas, nunha granxa de Palas de Rei

Publicado o 15/01/2019 14:06

E miren como lle damos á cabeza os galegos que atopamos en Palas de Rei unha granxa onde ás vacas lles poñen nomes científicos. Fano nunha granxa de Palas de Rei, na granxa A Cernada. Alí bautizan as vacas co nome de científicas ou elementos químicos.

Os responsables son dous irmáns, bióloga e químico, apaixonados da ciencia e da gandería. Unha vaca chamada Marie Curie foi a primeira á que seguiron Lise Meitner e Rosalind Franklin.

2019 é o ano internacional da táboa periódica no 150 aniversario da publicación de Mendeleev. De homenaxe, queren crear unha táboa periódica coa foto das vacas e cos seus nomes químicos. Só bautizan as femias e agora mesmo teñen a Dispprosia, a Titania e a Europia.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

15/01/2019