Hai preto de 200 casos activos en centros educativos, mais ningún pechado
• Galicia suma só un caso activo máis, pero soben os novos contaxios a 270
• A área da Coruña é a que máis casos ten (40), pero Vigo suma máis aulas pechadas (20)

Galicia suma nos seus centros escolares 199 casos positivos de covid-19, 20 casos máis ca onte. As áreas que suman máis casos son Vigo e Pontevedra (ambas +6).
Hai preto de 200 casos activos en centros educativos galegos, mais ningún pechado. Consulta todos os centros con casos aquí https://t.co/Be8I2q4pxF pic.twitter.com/Gk0KE30g34
— G24 (@G24Noticias) September 24, 2020
No que respecta ás aulas pechadas, hai 53, tres máis ca onte: vinte en Vigo, once en Pontevedra, oito en Ourense, cinco en Santiago, cinco na Coruña, tres en Lugo e unha en Ferrol.
Polo de agora, ningún centro galego ten que pechar.
Consulta a táboa completa cos centros con casos e aulas pechadas premendo aquí.