CRTVG

Buscar

Hai 99 casos activos, dos que catro están hospitalizados e 7 xa recibiron a alta

Publicado o 05/07/2020 21:15

O rebrote da Mariña supera o cento de contaxiados. Deles 99 están activos e 7 superaron xa o virus. A maioría dos positivos son asintomáticos ou teñen síntomas leves e están en corentena baixo seguimento domiciliario. Só catro están hospitalizados. Ningún deles en UCI. Tampouco hai casos en residencias de maiores.

A orixe do brote, sengundo confirma Sanidade, está en Burela, en bares da zona portuaria. Os principais afectados son mozos asintomáticos o que dificulta o control. Por iso as autoridades sanitarias chaman á concienciacion da xuventude. Insisten na importancia de que ninguén con síntomas os oculte. Xa se fixeron máis de 2.300 probas PCR.

Por prevención, Sanidade decidiu limitar durante polo menos 5 días as entradas e saídas aos 14 concellos que conforman a área sanitaria da Mariña, pero a mobilidade entre eles está permitida. Con todo, recoméndase non desprazarse entre estes municipios se non é imprecindible.

O endurecemento das medidas na Mariña pretende controlar o brote o antes posible e evitar que xurdan casos de transmisión comunitaria.

 

Noticias web

05/07/2020