CRTVG

Buscar

Hai 135 casos activos en Betanzos, 18 máis ca onte

Publicado o 23/01/2021 22:07

Ás seis da tarde, unha sirena lembra que é o momento de pechar. Nas cafeterías recollen as mesas dos últimos clientes do día e baixan a reixa. Inquieta a evolución dos casos de coronavirus en Betanzos. Hai 135 persoas con infección activa, dezaoito máis ca onte.

Betanzos ten unha poboación de algo máis de 13.000 veciños. Por primeira vez a súa incidencia acumulada alcanzou os mil casos por cada cen mil habitantes.

Apelan á responsabilidade individual, pero tamén piden máis controis e máis vixilancia para asegurar que a xente cumpre coas restricións impostas.

A situación de Betanzos ten moito que ver co gromo que afecta ao centro de adultos Pai Menni. Nas últimas 24 horas detectáronse tres novos positivos. Hai sesenta e sete persoas infectadas, corenta e sete residentes e vinte traballadores.

Noticias web

23/01/2021