CRTVG

Buscar

Habilitarán un novo enlace en Dozón cara a Ourense

Publicado o 18/09/2020 10:55

O ano que vén está previsto que entre en funcionamento un novo enlace na AG-53, á altura do concello pontevedrés de Dozón. O Consello da Xunta aprobou o inicio das expropiacións coa intención de licitar este mesmo ano a obra, na que van investir ao redor de 850.000 euros.

Alberto Núñez Feijóo, Presidente da Xunta: "Trátase de que na saída de Dozón, onde ata agora só se podía saír cara a Santiago, agora tamén se poida saír e entrar desde todo o Deza cara a Ourense. Por tanto completamos o xiro e hai un novo acceso desde a N-525 á AG-53".

Noticias web

18/09/2020