CRTVG

Buscar

Empresarios da raia piden que se reactive o turismo entre Galicia e o norte de Portugal

Publicado o 02/06/2020 11:10

Só un dos cinco pasos fronteirizos entre a provincia de Pontevedra e Portugal está aberto, e iso provoca molestias sobre todo aos traballadores que se moven a un e ao outro lado da raia. 

Segundo explica o presidente da Cámara de Comercio de Tui, Gumersindo Alonso, o peche establecido polo estado de alarma sanitaria está a provocar perdas económicas.

"Os que máis sofren son os traballadores que teñen que facer moitos quilómetros e ringleiras na fronteira".

Un dos sectores máis afectados, di, é o dos viveiros de plantas, onde os traballadores vense na obriga de facer varias viaxes na xornada tendo que dar moitos rodeos para chegar ao seu destino.

Desde esta entidade piden que se poidan ir facendo distintas aperturas para a reactivación económica. Alonso apunta especificamente á reactivación do turismo.

"Pedimos que se faga algo para que volva o habitual, as visitas de Tui a Valença e de Valença a Tui".

 

Noticias web

02/06/2020