CRTVG

Buscar

Guillermina Agulla, nova xerente do hospital de Verín

Publicado o 09/01/2020 15:04

A doutora Guillermina Agulla acaba de ser nomeada nova directora do distrito sanitario de Verín. Conta cunha ampla experiencia sanitaria ocupando dende hai máis de dez anos postos de responsabilidade no Sergas.

Chega ao cargo co obxectivo de impulsar a innovación na xestión e adaptar o hospital de Verín ás necesidades dos usuarios e dos veciños e nun momento de máxima conflitividade tras a decisión de pechar a sala de partos.

Noticias web

09/01/2020