CRTVG

Buscar

Grupo Cortizo, candidata galega ao premio Emprendedor do Ano 2019

Publicado o 11/12/2019 15:03

Galicia xa ten candidato ao premio estatal Emprendedor do ano 2019. É a familia Cortizo, propietaria do grupo galego líder no sector do aluminio. O presidente da Xunta preside arestora o acto de proclamación. Aspiran a un galardón que recoñece o labor dos empresarios por crear riqueza e emprego no país.

De carpintería de aluminio a multinacional 

José Manuel Cortizo comezou canda cinco empregados nun pequeno pendello en que fabricaban ventás, portas e balcóns de alumino para a comarca de Padrón. Medio século despois, a familia segue á fronte dun grupo en que traballan 3.200 persoas, máis da metade en Galicia.

Abriu mercado nos setenta, cando as ventás eran fundamentalmente de ferro. A demanda dispárase, convértese en distribuidor de perfís de aluminio, e xa non para de medrar.

Amplía a sede central de Padrón, crea un centro tecnolóxico e monta fábricas fóra de Galicia e no estranxeiro.

Na actualidade lidera en España o deseño e a fabricación de perfís de aluminio e PVC. Exporta a 60 países. Conta con 9 centros produtivos, 31 loxísticos, e segue ampliando en Padrón.

O último exercicio foi de récords: 636 millóns de euros en volume de negocio. Unha produción de máis de 80.000 toneladas. E unhas vendas no exterior que supoñen xa o 70%.

Noticias web

11/12/2019