CRTVG

Buscar

Gromo de coronavirus na comisaría de Vigo, con 7 afectados

Publicado o 28/08/2020 14:22

O gromo detectado na Unidade de Antidisturbios complicouse con máis casos, concretamente de varios funcionarios das oficinas de xestión da comisaría. Ademais dos 5 afectados desta unidade, outros dous axentes que integran o grupo de servizos burocráticos tamén deron positivo nas probas da covid-19.

Os antidisturbios contaxiados prestaron servizo durante o verán no aeroporto de Baraxas, en Madrid, e ao regresar a Vigo, a fin de semana pasada, detectóuselles o virus. Por este motivo, entre o luns e o martes foron illados os compañeiros que viaxaron con eles. En total son 28 os axentes da unidade que se atopan á espera dos resultados das probas PCR. Todos eles están nos seus domicilios.

Noticias web

28/08/2020