CRTVG

Buscar

Greta Thunberg chega a Madrid e acode ao Cumio polo Clima no Ifema, pola tarde encabezará a Marcha

Publicado o 06/12/2019 14:29

Nada máis chegar a Madrid, Greta Thunberg dirixiuse ao Ifema, onde se celebra o Cumio do Clima, onde en principio non estaba previsto que acudira

A activista sueca, chegou pasadas as oito e media da mañá no tren Lusitania, procedente de Lisboa.

A adolescente de 16 anos, famosa pola súa loita contra o cambio climáticio, escolleu unha viaxe de dez horas e dezasete paradas para evitar a maior emisión de gases contaminantes que suporía chegar a Madrid en avión.

Tanto na chegada como no recibimento no Ifema, Greta Thunberg está a ser acollida coa xa usual expectación mediática que a rodea. Thunberg ofrece esta tarde unha rolda de prensa na Casa Encendida, antes de encabezar a Marcha polo Clima.

 

Noticias web

06/12/2019