CRTVG

Buscar

Grelos de fóra chegan a Galicia pola escasa produción no país

Publicado o 09/11/2020 13:45

Estamos no tempo da nabiza e a primeiros de ano comprobaremos se, como din os produtores, a nova colleita vai ser mellor ca a de anos anteriores. Malia todo, recoñecen que volverá haber escaseza para atender toda a demanda de grelo galego, e por iso veremos de novo nos nosos mercados verdura procedente doutras comunidades ou mesmo doutros países.

Cada vez chega máis grelo de fóra porque o número de produtores baixo o selo Grelos de Galicia reduciuse nun 50 por cento en seis anos. Hoxe hai pouco máis de 100, que o ano pasado non chegaron aos 130.000 quilos, fronte aos 250.000 de hai tres campañas. Por iso os grandes comercializadores, como as conserveiras, apostan cada vez máis por cultivar eles mesmos.

Lembran que o selo da Indicación Xeográfica Protexida Grelo de Galicia garante ao 100 por cento que estamos consumindo un grelo da nosa terra.

Noticias web

09/11/2020