CRTVG

Buscar

Gonzalo Jácome esixe entrar no Goberno de Ourense para pactar co PSOE

Publicado o 28/05/2019 16:01

Complicada está a gobernabilidade do concello de Ourense.  O PSOE necesita a Democracia Ourensana. E o partido de Gonzalo Jácome pon condicións: quere formar parte do goberno da cidade.

A do socialista Rafael Villarino, con 9 edís, é a lista máis votada na cidade de Ourense. Tende a man a todos os grupos e non desbota pactos e acordos.

Con 7 edís, Democracia Ourensana proponlle un pacto de goberno para desbloquear a cidade.

O alcalde en funcións, Jesús Vázquez, do PP, tamén con 7 concelleiros, aposta agora pola negociación e tamén co PSOE. 

Desbota por agora un acordo con Democracia Ourensana para gobernar. Con acordo ou sen acordo, todo apunta a que o socialista Villarino será o novo alcalde de Ourense o 15 de xuño.

Noticias web

28/05/2019