CRTVG

Buscar

Gonzalo García, sobre a suspensión da liga holandesa: "Todos queriamos xogar, pero hai que entender as decisións"

Publicado o 22/04/2020 20:12

A Liga holandesa queda á beira da suspensión. E todo porque o Goberno holandés acaba de prohibir os eventos multitudinarios entre o 1 de xuño e o 1 de setembro. Unha medida para evitar contaxios que deixa a federación na obriga, case, de dar por rematada a temporada. Nestes intres, Ajax e AZ Alkmaar comparten liderado cos mesmos puntos. A Federación decidirá o venres quen é o campión. O uruguaio Gonzalo García, Recoba, que adestra o Twente, dá por finada a temporada: "Tentar preparse para o que poida haber máis adiante, xa que esta temporada está rematada. Todos queriamos xogar, pero hai que respectar as decisións, e, se se toma este tipo de decisións, terán motivos suficientes".

 

 

 

Noticias web

22/04/2020