CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero reclama a Feijóo unha reconstrución "equitativa e equilibrada"

Publicado o 05/09/2020 18:17

O líder do PSdeG, Gonzalo Caballero, afirmou este sábado, após a toma de posesión de Alberto Núñez Feijóo como presidente da Xunta, que agora é "o momento de pór xa toda a capacidade das competencias e do autogoberno de Galicia ao servizo da cidadanía galega". Caballero sinalou que lle desexa "todos os acertos ao próximo Goberno", ao que lembrou que hai "un autogoberno galego definido no Estatuto que lle dá á Xunta moitas competencias en moitos ámbitos decisivos".

Noticias web

05/09/2020