CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero pedirá a creación de tres comisións no Parlamento sobre a covid-19

Publicado o 12/09/2020 14:55

O PSdeG reuniu esta mañá en Santiago a súa comisión interparlamentaria, a primeira tras as eleccións autonómicas, na que marcaron as prioridades con vistas ao novo curso político.

Gonzalo Caballero asegurou "que van defender as políticas públicas que prioricen a protección das persoas". O secretario xeral dos socialistas galegos destacou a necesidade de que haxa orzamentos para facer fronte á crise económica e sanitaria... e indicou que propoñerán no Parlamento galego a creación de tres comisións de investigación relacionadas coa crise ocasionada pola pandemia.

Noticias web

12/09/2020