CRTVG

Buscar

Caballero: "Crearemos unha Consellería de Igualdade, referente na defensa da axenda feminista"

Publicado o 29/02/2020 15:11

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, inaugurou este sábado en Santiago unha xornada sobre igualdade e feminismo. Alí tomaron a palabra mulleres que representan ao socialismo a nivel estatal, autonómico e municipal, como a presidenta do PSOE, Cristina Narbona, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e as alcaldesas de Lugo e A Coruña, Lara Méndez e Inés Rey.

Neste acto o candidato socialista á presidencia da Xunta comprometeuse a "cumprir coa axenda feminista", a "defender os dereitos das mulleres" e a "loitar contra a violencia machista", dixo, a través dunha serie de medidas como a creación dunha Consellería de Igualdade: "Unha Consellería de Igualdade que será referente na defensa da axenda feminista, na defensa dos dereitos das mulleres, na loita contra a fenda salarial, na loita contra violencia machista, na igualdade nos dereitos en todos os ámbitos de maneira transversal para que as mulleres ocupen o papel que lles corresponde na sociedade galega".

Noticias web

29/02/2020