Gonzalo Caballero asegura que a supresión do servizo de partos en Verín "é unha decisión política"
Publicado o 27/11/2019 15:49
Segue a polémica pola supresión do servizo de partos do Hospital de Verín, unha decisión que avalan os colexios médicos e os responsables do Sergas.
O líder dos socialistas galegos pide un cambio na xerencia do Sergas en Ourense, na Consellería de Sanidade e tamén na política sanitaria da Xunta.