CRTVG

Buscar

Gonzalo Caballero abandonará a corentena tras dar negativo nunha segunda proba PCR

Publicado o 20/08/2020 19:08
Gonzalo Caballero abandonará a corentena tras dar negativo nunha segunda proba PCR

O secretario xeral do PSdeG e portavoz do Grupo Socialista na cámara galega, Gonzalo Caballero, abandonará a corentena tras dar negativo na segunda proba PCR e non estar en contacto con ningún positivo en coronavirus.

Disto informou o propio Caballero a través do seu perfil da rede social Twitter, onde explicou que tras dous resultados negativos poderá empezar unha "nova fase".

"Acábanme de comunicar que a segunda PCR que me fixeron tamén deu negativa. Ao non estar en contacto con ningún positivo e de acordo aos protocolos, tras dúas PCR negativas, nova fase. Estou ben. Grazas a tod@ s os que vos preocupastes", publicou.

En concreto, Gonzalo Caballero comunicou o mércores que mantiña unha corentena preventiva de 48 horas tras ter febre, pero dar negativo nunha primeira proba PCR.

Por iso, non puido asistir este xoves á constitución das comisións parlamentarias e da Deputación Permanente.