CRTVG

Buscar

González e Zapatero discrepan sobre a decisión de Sánchez de non recibir a Guaidó

Publicado o 24/01/2020 15:04

José Luis Rodríguez Zapatero avala a decisión de Pedro Sánchez de non recibir mañá o presidente encargado de Venezuela, a Juan Guaidó, que está de xira pola Unión Europa para recabar apoios.

As súas palabras foron contestadas axiña por outro ex-presidente socialista, por Felipe González, quen, nun comunicado, cualifica a Guaidó como único líder lexitimado democraticamente en Venezuela, co que mantén, di, contactos.

E no medio desta polémica, José Luis Ábalos, o ministro de Transporte, admite que se viu de maneira fortuíta coa número dous de Maduro en Baraxas.

Despois de negar o encontro durante o día de onte, o titular de Transportes explica que acudiu ao aeroporto para recibir o ministro de Turismo de Venezuela, que acudía a Fitur. No mesmo avión privado viaxaba a vicepresidenta do país, que continuou viaxe a Turquía. Delcy Rodríguez ten prohibida a entrada na Unión Europea polas sancións ao réxime de Maduro. Ábalos restáballe importancia a este asunto.

A oposición pide explicacións e mesmo a dimisión do ministro de Transportes por este encontro coa vicepresidenta venezolana.

 

 

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

24/01/2020