CRTVG

Buscar

Gómez-Reino: "En Común-Unidas Podemos vai gobernar desde Galicia"

Publicado o 26/04/2019 17:11

Os candidatos de En Común-Unidas Podemos estiveron en Santiago acompañados nesta última xornada por Juan Carlos Monedero.

Nun encontro con estudantes na Facultade de Ciencias Políticas, insistiron no risco de que o voto ao PSOE converta en ministro a Albert Rivera. Por iso, pediron a mobilización este domingo para frear un goberno de dereitas.

En Valladolid, o candidato á presidencia do Goberno por Unidas Podemos fixo un chamamento a todos aqueles que cren na xustiza social para que o domingo non queden na casa. Insistiu Pablo Iglesias en que a formación morada é a única garantía dun goberno progresista que vele polos intereses de todos.

Noticias web

26/04/2019