CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais reúnense o día 4 para estudar a prórroga dos ERTE

Publicado o 21/08/2020 13:00
Goberno e axentes sociais reúnense o día 4 para estudar a prórroga dos ERTE

O Goberno vaise reunir o 4 de setembro con empresarios e sindicatos para analizar a posible prórroga dos expedientes de regulación temporal de emprego por forza maior vencellados á pandemia.

De momento, están vixentes ata o 30 de setembro. Os axentes sociais levan tempo pendíndolle ao Goberno que os prolongue ata final de ano, polo menos, nos sectores máis afectados como a hostalería e o turismo en xeral.

Noticias web

21/08/2020