CRTVG

Buscar

Goberno e axentes sociais retoman a negociación da prórroga dos ERTE

Publicado o 22/06/2020 14:51

Arredor de tres millóns de traballadores están aínda acollidos a ERTE. Son dous de cada tres beneficiarios desta medida en vigor ata o 30 de xuño. Sindicatos e empresarios insisten na necesidade de prorrogalos.

Goberno e axentes sociais retoman as negociacións, coa vista posta nos incentivos ás empresas que reincorporen a totalidade do cadro de persoal. A Seguridade Social propón exención de pagos das cotas dos traballadores readmitidos e penalizar as dos traballadores que continúan inactivos, unha proposta que non comparten os axentes sociais. O prazo para chegar a un acordo remata o 30 de xuño.

Noticias web

22/06/2020