CRTVG

Buscar

Gerard Valentín marcou as diferenzas no Lugo

Publicado o 20/09/2020 20:25

 A outra gran noticia da xornada foi a vitoria do Lugo, ademais con remontada diante do Leganés. Se no Celta Aspas e Nolito tiraron do equipo, o protagonista no Anxo Carro foi Gerard Valentín. Na semana da súa terceira presentación, partía do banco, pero entrou antes do descanso substituíndo ao mancado Iriome. Valentín revolucionou o encontro e foi o artífice da remontada, participando nas xogadas dos dous goles, e provocando faltas e cartóns. Parece que se vai volver sentir importante.
 

Noticias web

20/09/2020