CRTVG

Buscar

Galicia volve espertar xeada

Publicado o 07/01/2020 15:34

Boa parte de Galicia amenceu esta mañá baixo o manto branco da xeada. A temperatura máis baixa rexistrouse no concello ourensán de Calvos de Randín, onde o termómetro caeu ata os 8,1 graos baixo cero. Nas zonas centro e sur de Lugo o termómetro tamén rexistrou valores negativos durante a noite. Os veciños do interior de Galicia acollen o frío con resignación porque, din, é o que toca nesta época.

"A min non me importa. Abrígome e non teño problema. Parece que nunca estamos contentos co tempo".

"Hai que aguantar. Cando era eu novo había moita máis xeada".

"Moito frío e moito catarro. Un inverno duro".

Para maña agárdase unha suba xeneralizada das temperaturas e hai aviso de alerta amarela nas costas de Pontevedra e A Coruña.

Noticias web

07/01/2020