CRTVG

Buscar

Galicia ten máis de 200 radares entre fixos e móbiles, segundo a listaxe da DXT

Publicado o 15/07/2020 15:23

Coidado porque nos observan minuciosamente de día. Vixíannos ata con pouca luz... Se nos aceleramos de máis, mesmo nos tiran unha foto. Mudan de forma, ás veces tamén de lugar e por moito que nos fixemos neles, non acabamos de collerlles cariño.

En ocasións, mesmo son o branco das nosas iras. Pero o certo é que os radares contribuíron a reducir o número de falecidos en accidente de tráfico nun 19% en Galicia o verán pasado.

Este queremos melloralo. E para iso a DXT facilítanos a listaxe completa dos cinemómetros, que así é como se chaman: 548 móbiles, case 800 fixos e 80 de tramo. Pódense consultar na súa páxina web.

Non se trata só de pasalo. A DXT recórdanos que circular á velocidade adecuada evitaría unha cuarta parte dos falecementos en accidente de tráfico. Pero os condutores sempre desconfiamos do aspecto recadatorio dos cinemométros.

Aquí temos uns 200 entre fixos e móbiles e algúns dos máis multadores da península, como do AG-55 en Arteixo. Saber onde están debería axudar.

Agora sabemos xa podemos saber dos puntos de control de velocidade. Unha medida que forma parte da campaña de Tráfico deste ano baixo o llema "Este país non pode soportar máis mortes". Na estrada, só nós decidimos.

Noticias web

15/07/2020