Galicia supera os 17.000 casos e 930 hospitalizados tras 1.802 contaxios nun día
• A presión hospitalaria achégase ao pico de abril, con 53 persoas ingresadas máis ca onte | A positividade supera o 12 %

Galicia volve bater marcas récord en contaxios e casos activos nesta terceira vaga. Tras 1.802 novos contaxios, 1.505 confirmados por PCR, o balance global de casos activos é de 17.125, 1.095 máis ca onte.
ÚLTIMA HORA | Galicia supera os 17.000 casos e 930 hospitalizados tras 1.802 contaxios nun día. Preme para máis información https://t.co/4arjuXYnIh pic.twitter.com/uG0zteYdt1
— G24 (@G24Noticias) January 22, 2021
Por áreas sanitarias a repartición dos casos é:
• A Coruña: 4.414 (+290)
• Vigo: 3.153 (+211)
• Santiago: 2.843 (+149)
• Ourense: 2.413 (+162)
• Pontevedra: 1.485 (+111)
• Lugo: 1.449 (+88)
• Ferrol: 1.368 (+84)
A presión hospitalaria
A situación nos hospitais segue preocupando. Hai 932 persoas ingresadas, 795 en planta (+51) e 137 nas UCI (+2). Son niveis semellantes aos sufridos no pico de abril.
A cifra de vítimas no que vai de pandemia volveu aumentar tras a notificación do Sergas de 18 falecementos por mor da covid-19. Van 1.584 falecementos no país pola doenza.
A positividade, no 12 %
O número de probas PCR realizadas é o segundo máis alto no que vai de pandemia (12.179), só por detrás do notificado onte (12.679). Do total das 12.179 deron positivo 1.505, o que revela unha elevada positividade, que acada o 12,36 %, a máis alta dende que existen datos oficiais.
Por áreas sanitarias, a que máis contaxios confirmou por PCR foi a da Coruña (346), seguida moi de preto pola de Vigo (332).
Mapa de incidencia por concellos