CRTVG

Buscar

Galicia suma tres novas mortes pola covid−19, a cifra máis baixa en case un mes

Publicado o 25/11/2020 20:24
Galicia suma tres novas mortes pola covid−19, a cifra máis baixa en case un mes

O Sergas notificou o falecemento de tres persoas nas últimas horas que foran diagnosticadas con coronavirus. Esta é a menor cifra de falecidos nun día comunicada por Sanidade desde hai case un mes, concretamente desde o 27 de outubro, cando se notificaron dúas mortes.

Coas novas mortes rexistradas, o total de vítimas da covid−19 en Galicia ascende a 1.173.

No total da pandemia, a comunidade autónoma xa suma máis de 50.000 infectados e achégase aos 1.200 falecidos pola covid−19.

Os novos falecidos son unha muller de 76 anos no CHUAC, un home de 94 anos no CHUO e unha muller de 85 anos no Hospital de Monforte que procedía da Residencia DomusVi Monforte.

Todos eles presentaban patoloxías previas.