CRTVG

Buscar

Galicia encadea 15 días de subas e suma xa 444 casos activos, 32 máis

Publicado o 07/08/2020 15:45

Nunha semana duplicáronse os casos na área sanitaria da Coruña : hai 177 dos 444 contabilizados en toda Galicia. Sobe o número de pacientes hospitalizados: hai 21, a metade no CHUAC e dous en coidados intensivos.

Seguen xurdindo novos casos que obrigan ao peche preventivo de negocios como un local de comida rápida do Poligono da Grela polo positivo dun traballador ou e empresa cárnica Dominguez de Vimianzo. Hai 2 empregados contaxiados e outras 3 persoas coas que tiveron contacto. Confirmárono nun comunicado nas redes sociais en que aseguran que reabrirán cando sexa posible coas máximas garantías. Malia que non ocultan a sua preocupación, os veciños apelan á responsabilidade individual para frear o gromo.

Disparáronse tamen os casos na area de Pontevedra: hai 43, case o dobre ca a semana pasada. Un dos focos afecta polo menos 10 persoas en Caldas de Reis. Partiu dun home que traballa no porto de Vilagarcía e contaxiou a súa muller, que facía a limpeza neste restaurante de Caldas. O local permanece pechado por protocolo, malia que os propietarios e o resto de traballadores deron negativo, por iso envían unha mensaxe de tranquilidade. En Meis seguen confinados 3 mozos madrileños ao dar positivo un deles tras regresar dunha estadia nas Cíes. Vironse obrigados a pemanecer illados na vivenda turística que alugaran a pesar das reticencias da propietaria.

O número de casos aumentou en todas as áreas sanitarias, agás en Ferrol, onde se manteñen 5 positivos, e Lugo, cun menos ca onte, 72. A área de Vigo é a segunda con máis contaxios: 78. Alí están illados 27 traballadores do hospital Álvaro Cunqueiro, ao dar positivo unha paciente que ía ser operada. Tamén gardan corentena os familiares da muller.

Repuntan os positivos na área de Santiago, con 35 casos, 5 máis ca onte.
O concello de Avion decidiu pechar os espazos comúns tras dar positivo 3 mulleres que se contaxiaron nun xantar familiar. Na área sanitaria de Ourense hai 34 casos activos.