CRTVG

Buscar

Galicia suma 27 mortes por mor da covid−19, 1.649 desde o inicio da pandemia

Publicado o 25/01/2021 21:28
Galicia suma 27 mortes por mor da covid−19, 1.649 desde o inicio da pandemia

Sanidade notificou 27 novos falecementos de pacientes diagnosticados de coronavirus. Non todos pertencen ao día de hoxe, senón que algúns corresponden á semana pasada pero foron confirmados hoxe por Saúde Pública, logo de verificarse que tiñan o virus. Con estes 27 falecementos, o número total de decesos dende o inicio na pandemia é de 1.649 na nosa comunidade autónoma.

• O día 22 falecían dúas mulleres de 84 e 82 anos no CHUS, un home de 84 anos no mesmo hospital e unha muller de 84 anos na residencia integrada CEGADI, procedente da residencia DomusVi de Ribeira.

• O día 23 os decesos corresponderon a unha muller de 89 anos na residencia DomusVi de Carballo, a unha muller de 90 anos na residencia integrada CEGADI procedente da residencia DomusVi de Ribeira, a unha muller de 74 anos no CHUVI e a unha muller de 58 anos no mesmo hospital.

• O día 24 reportábase o falecemento dun varón de 84 anos no Hospital de Verín, un home de 84 anos no CHUF, un home de 68 anos no Hospital Quirón da Coruña, un varón de 89 anos no CHUVI, unha muller de 88 anos no Hospital Virxe da Xunqueira, unha muller de 88 anos no CHUO, un home de 94 anos no CHUF, unha muller de 76 anos na residencia DomusVi de Carballo, unha muller de 87 anos no CHUF procedente da residencia Mi Casa de Ferrol, unha muller de 91 anos no Hospital HM-Modelo Belén da Coruña, un home de 84 anos no CHUO, un varón de 83 anos no CHUF, unha muller de 67 anos no CHUF, un home de 95 anos no Hospital da Mariña, un varón de 60 anos na residencia DomusVi de Carballo e un home de 91 anos na mesma residencia.

• O día 25 perdían a vida un home de 92 anos no Hospital de Monforte, unha muller de 78 anos na residencia DomusVi de Carballo e unha muller de 83 anos no CHUAC.

Segundo informa o Servizo Galego de Saúde, todas estas persoas presentaban patoloxías previas.