CRTVG

Buscar

Galicia rexistra 69 vítimas mortais e case 3.000 contaxiados

Publicado o 29/03/2020 23:18

• As catro últimas vítimas coñecéronse xa entrada a noite

 

A Consellería de Sanidade confirmou este domingo 9 falecementos por causa do coronavirus en Galicia. A tráxica cifra ascende xa a 69 persoas.

Este domingo finaron cinco mulleres e catro varóns. Todos eles presentaban patoloxías previas. As mulleres, de 85 anos no Hospital Lucus Augusti, 81 anos na Rosaleda de Santiago, 80 anos no CHUAC, 71 anos no CHUF de Ferrol e 37 anos tamén na Coruña, embarazada e tamén cunha patoloxía crónica previa.

Os varóns, de 91 e 84 anos no hospital de Lugo, un de 82 na Coruña e outro de 74 anos no Clínico de Santiago.

A cifra de contaxiados aumentou desde onte en 300 persoas, e Galicia aproxímase xa aos 3.000 casos. Vigo é a que máis rexistros ten, con 681, seguida pola Coruña, Santiago, Ourense, Pontevedra, Lugo e Ferrol, onde se duplicaron os casos.

En función da gravidade, nestes momentos hai 122 persoas ingresadas na UCI, 12 máis ca onte, 707 hosptalizadas en planta e 2096 que pasan a enfermidade nas súas casas.

O aumento de altas tamén é notable, 153 desde o inicio da crise. Nas últimas 24 horas déronse 57 novas, máis da metade en Vigo.

 

Noticias web

29/03/2020