CRTVG

Buscar

Galicia reforza os voos directos a París da man do grupo Air France

Publicado o 30/09/2020 17:16

Será tamén un apoio ao turismo galego: o aeroporto de Santiago de Compostela reforza os seus voos internacionais con dúas frecuencias semanais directas a París.

Será a partir do vindeiro mes de abril da man do grupo Air France.

O grupo francés volve a Galicia da man da súa compañía de baixo custo Transavia, con billetes a partir de 34 euros.

Se a pandemia non o impide, os voos sairán deste aeroporto Rosalía de Castro de Santiago todos os xoves e domingos, frecuencias que se sumarán ás que xa opera Vueling.

Air France optou pola capital galega deixando de lado o aeroporto de Vigo, onde operou durante dez anos ata que decidiu marchar xa en 2015.

Esta nova conexión Santiago-París vai permitir ademais conectar cos numerosos destinos que ofrece esta aeroliña desde a capital francesa.

 

Noticias web

30/09/2020