CRTVG

Buscar

Galicia reduce unha semana a espera media para unha operación

Publicado o 16/01/2020 14:57

Segundo a Consellería de Sanidade, Galicia quedou no 2019 entre as comunidades cos mellores indicadores de redución de lista de espera cirúrxica. Baixan os tempos, avanza o presidente da Xunta, tanto para primeiras consultas como para probas diagnósticas e para operacións.

A media de espera para unha cirurxía, di, quedou en 54,6 días, sete días menos que no 2018. Feijóo destaca que é o mellor rexistro dende que hai estatísticas.

"Un encarecido agradecemento (aos profesionais) de como se pode ir mellorando a Sanidade pública", di o presidente.

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí

Noticias web

16/01/2020