Galicia prevé entrar en meseta de contaxios a semana que vén
En Galicia temos 178 persoas ingresadas en UCI, superando hoxe o pico da primeira onda, que fora o pasado seis de abril. E os datos indican que a presión sanitaria seguirá aumentando nas próximas semanas.
Non obstante, hai indicadores que apuntan a que os contaxios empezan a frearse, como a incidencia a 7 días, o que podería anticipar que na próxima semana entrariamos nunha fase de contención, previa a conseguir que baixen os contaxios.
Tanto en hospitalización convencional como en críticos, a ocupación supera xa a da primera onda.
No comité clínico piden que -co respecto ás medidas- contribuamos a garantir a calidade dos coidados médicos, dos pacientes covid e non covid, reducir o número de mortes e impedir que os sanitarios se vexan na tesitura de decidir a quen salvar.
Os estudos en Galicia indican a presenza de cepas que puideran ser máis contaxiosas, pero a británica, neste momento, non é prevalente.