Galicia prepárase para acoller un novo Xulgado do Social en Lugo
Publicado o 21/07/2020 15:27
Galicia prepárase para acoller un novo Xulgado do Social en Lugo.
Anunciouno o vicepresidente da Xunta en funcións durante a súa visita á Audiencia Provincial .
Alfonso Rueda dixo que a Xunta vai investir 75.000 euros en trasladar o Xulgado de Menores para deixar sitio ao Xulgado do Social que demandaron ao ministerio.
Rueda é optimista e asegura que se finalmente se crea o Xulgado do Social, Lugo estará preparada para que entre en funcionamento o antes posible.