CRTVG

Buscar

Galicia perde 2.244 habitantes en 2018 e baixa por primeira vez dos 2,7 millóns

Publicado o 27/12/2019 18:28
Galicia perde 2.244 habitantes en 2018 e baixa por primeira vez dos 2,7 millóns

Galicia perdeu 2.244 habitantes en 2018 a pesar de que rexistrou a mellor evolución da súa poboación do últimos nove anos, segundo datos do padrón municipal do 1 de xaneiro de 2019 publicados hoxe polo Instituto Nacional de Estatística (INE). A poboación de Galicia ao 1 de xaneiro de 2019 situouse en 2.699.499 persoas, un descenso do 0,08 % (-2.244 persoas) en comparación coa mesma data do ano anterior.

Segundo indica o Goberno galego nun comunicado este dato supón a mellor evolución do padrón municipal galego desde 2010, cando tamén rexistrou unha baixada de 0,08 % en comparación co exercicio precedente. Con todo, a pesar desa evolución o número de habitantes de Galicia situouse por baixo dos 2,7 millóns, a menor desde que hai rexistros.

Segundo datos do INE, en 2018 entraron en Galicia 13.136 inmigrantes, máis das que emigraron a outros puntos de España e a outros países. O saldo migratorio de Galicia foi de 88,6 % respecto a, segundo os datos publicados polo INE. Galicia figura, xunto a Asturias, Castela e León e Estremadura, entre as catro comunidades autónomas que perderon poboación en 2018 aínda que a Xunta destaca que o descenso de poboación foi “moi inferior” ao das outras tres.

Este retroceso en Galicia prodúcese pola baixada de poboación en Ourense e Lugo --son dúas das 18 provincias españolas que perden habitantes--, xa que A Coruña e Pontevedra gañan habitantes.   A provincia de Pontevedra gaña 893 habitantes (ata 942.665), mentres A Coruña consegue 245 habitantes máis (ata 1.119.596). En contraposición, Lugo perde 1.740 persoas (queda en 329.587) e Ourense conta con 1.642 menos (ata 307.651).

En cambio, en España o número de habitantes ascende a 1 de xaneiro deste ano a 47.026.208 habitantes --un 0,6 por cento máis que o exercicio anterior-

Envía o teu comentario!
Para poder comentar esta entrada debes estar rexistrado.
Introduce o teu usuario e contrasinal aquí