CRTVG

Buscar

Galicia non rexistrou este domingo vítimas mortais nin novos positivos por coronavirus

Publicado o 31/05/2020 21:36

Xornada sen vítimas en Galicia, a quinta desta semana, e tamén sen ningún novo diagnóstico positivo, segundo confirmou o Ministerio de Sanidade. Os datos do domingo constatan a evolución positiva das últimas semanas.

En Galicia, o número de persoas que pasan a enfermidade neste momento descende tamén. A Consellería de Sanidade actualizaba a cifra en 732 casos activos. Entre eles están 46 usuarios de residencias de maiores e 42 profesionais. O número de vítimas mortais nestes centros mantense en 273, dun total de 616.

En canto aos pacientes hospitalizados, o Servizo Galego de Saúde confirmou un novo ingreso nas UCI, onde hai catro pacientes. Diminúe en cambio o número de persoas hospitalizadas en planta, con 33 enfermos, e descende tamén a cifra de contaxiados que pasaban a enfermidade na casa, con 695 casos.

A baixada constátase en todas as áreas sanitarias, agás en Ferrol, onde aumenta un caso. Ourense é a que máis reduce o número de activos, mentres que Vigo e A Coruña seguen presentando maior incidencia.

Noticias web

31/05/2020