CRTVG

Buscar

Galicia lidera o número de praias con baixa ocupación

Publicado o 04/08/2020 14:41

Ten dous quilómetros e medio de lonxitude. Ben sexa para pasear ou para tomar o sol, hai algunha praia no Grove onde a distancia social se cumpre de máis.

Este ano as praias máis cotizadas son aquelas onde se pode manter a seguridade entre persoas. E neste sentido Galicia encabeza esa lista de areais de baixa ocupación, segundo un informe no ámbito estatal.

En canto aos municipios, O Grove é, xunto con Deltebre en Tarragona e Almonte en Huelva, o concello que pode acoller máis bañistas con seguridade.

Responsabilidade que se espalla aos 25 areais da península do Grove e en xeral as de toda a Galicia para desfrutar deste verán con total tranquilidade.

Noticias web

04/08/2020