CRTVG

Buscar

Galicia invita á colaboración público-privada nos proxectos dos fondos europeos

Publicado o 16/10/2020 15:23

Os presupostos de España son fundamentais para conseguir fondos europeos. Galicia xa ten claro en que quere destinar eses cartos. Irán a proxectos relacionadas coas tecnoloxías e a chamada economía verde. Iniciativas que o presidente da Xunta presentou aos empresarios galegos na busca da súa implicación.

Os proxectos buscan aproveitar os recursos galegos para tirar da economía. A madeira para o téxtil e o xurro da gandería para uso enerxético son dous exemplos. Hai tamén unha planta de hidróxeno verde... e para atender a todos, un laboratorio dixital, un centro de innovación e unha cadea loxística de transporte.

Di o presidente da Xunta que son iniciativas sólidas e pídelle ao Goberno central criterios claros para a repartición dos fondos. 

"O lóxico é un sistema de concorrencia competitiva en que todos todas as comunidades autónomas poidamos presentar os noso proxectos e haxa criterios obxectivos para definir e seleccionar os proxectos que España como Estado presente ante a Unión", di o presidente da Xunta.

Estes primeiros supoñen un investimento de 3.200 millóns de euros e agardan xerar 18.000 postos de traballo. emprego que, segundo Franciscon Conde será "de calidade". O vicepresidente segndo do Gobernoe conselleiro de Economía, Empreso e Innovación engade que os proxectos "posibilitarán seguir avanzanado cara unha transición emerxética xusta e atraerán talento".

É a folla de ruta que Feijóo levará á conferencia de presidentes do 26 de outubro. Desde xa, invita á colaboración público-privada nestas e noutras iniciativas que van xurdir. "Estamos encantados de recibir expresións de interese de socios industriais, tecnolóxicos e financeiros.  E agardamos seguir traballando xuntos para identificar novos proxectos".

Hai xa mil proxectos europeos, públicos e privados, que optan a axudas. Un deles de Inditex.

Noticias web

16/10/2020